Magnífica situación nun entorno natural, rodeada de árbores singulares como a sobreira de Valiñas r numerosos ríos afluentes do Río Ulla onde poderá bañarse na praia fluvial de Liñares, perderse nos seus arredores descubrindo verdadeiros tesouros arquitectónicos do románico rural ou pasear polos xardíns do Pazo de Oca.
Divísase dende a finca, A Estrada, fermosa vila do val do Ulla, antigo lugar de paso na peregrinación hacia Santiago de Compostela. Nas proximidades atopamos a cascada do Río Toxa, varios balnearios e pobos mariñieros das Rías Baixas. Máis información na Guía Turística de A Estrada.
Pode descargar a continuación a guía de información turísticas de A Estrada:

|