En Torres de Moreda dispoñemos de 7 habitacións dobres de alto confort, cada unha delas coa súa propia personalidade: todas elas están bautizadas co nome dunha variedade de mazá ecolóxica que se produce na finca.
Tamén dispoñemos dunha habitación para persoas con movilidade reducida. Cada habitación do noso hotel rural ten cuarto de baño completo e o preciso para o seu aseo persoal e benestar. Todas son exteriores e dispoñen ademáis de calefacción central, televisión LCD e conexión gratuita a internet mediante tecnoloxía WI-FI. |