Foron os romanos quenes trouxeron fai séculos o viño a terras galegas. O que non aguantou o imperio, fixéronno as uvas nos campos. Despois foron os mosteiros os encargados de difundir o licor, así como de estudar as técnicas do cultivo da vide. A historia foi testigo de como as zoas máis ao sur de Galicia foron bendecidas coa gran adaptación ás diferentes variedades que fixeron do sector vitivinícola un importante modo de vida nestas rexións.
Hoxe en día son cinco as denominacións de orixe que comprende a comunidade galega, repartidas principalmente por Ourense e Pontevedra, entre as que destacan sobremaneira dúas, por tradición e fama internacional. Trátanse da D.O. Rías Baixas, na que destaca o viño albariño e a D.O. Ribeiro co viño ribeiro. As outras tres denominacións de orixe son Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras onde brilla o viño mencía.
En Torres de Moreda, poderá atopar unha vinoteca con algunhas das máis destacadas variedades destes viños de calidade irreprochable. Os resultados de análisis e catas así o atestiguan.
|